Dez dos nosos alumnos de 3º e 4º de ESO fixeron unha mobilidade grupal a Guimarães ao abeiro do programa Erasmus+ a comezos do mes de maio. Para iso, visitamos o Agrupamento de Escolas João de Meira, centro no cal xa realizamos un job-shadowing no curso 2024/25, o cal nos servíu para comezar esta andaina de colaboración cos nosos veciños.

Esta mobilidade servíu para traballar os valores que nos unen e para afianzar a competencia lingüística que está a desenvolver o noso alumnado en portugués entre moitísimas outras vantaxes.

Tiveron tamén algo de tempo para visitaren Porto e Braga, que sorte a súa! Hai que volver!