O venres 21 de xuño tivo lugar no Coliseum da Coruña a MegABAU, o acto que recoñece os mellores expedientes do alumnado do país. A nosa alumna Lúa Blanco, unha das homenaxeadas, asistíu ao acto acompañada do director do noso centro.

Este acto foi organizado por primeira vez pola Universidade da Coruña, en colaboración coas outras dúas universidades públicas galegas, a USC e a UVigo, e xunto coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Como sorpresa, a organización preparou a actuación do grupo muradán The Rapants, quen interpretou o seu clásico La Favorita despois de facer un recoñecemento a todo o alumnado galego.

Desde aquí, aproveitamos para dar a noraboa a todo o alumnado de 2º de Bacharelato do IES de Curtis polos resultados acadados durante o curso e na ABAU, onde o 100% superou as probas.