No último trimestre do curso 2023/24 oito dos nosos alumnos dos Ciclos Formativos realizaron a Formación en Centros de Traballo na localidade de Potenza (Italia).
Dous alumnos cursaban o Ciclo Medio en Electromecánica de Vehículos Automóbiles, tres o Ciclo Medio en Sistemas Microinformáticos e Redes, e outros tres o Ciclo Básico en Mantemento de Vehículos. Este é o segundo curso que o IES de Curtis participa no programa Erasmus+ dentro dos consorcios que ten a Consellería e que permiten a realización destas mobilidades.

Comentarios recentes