
O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) foi creado por acordo do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela o 10 de febreiro de 2010.
É o primeiro dunha rede de centros de investigación cun novo modelo de organización e funcionamento, que constitúe o elemento fundamental da estratexia de I+D do proxecto CAMPUS VIDA (Campus de Excelencia Internacional, MEC-MICINN, 2009).
É un centro de excelencia de referencia internacional en investigación química interdisciplinar na fronteira coa bioloxía e a ciencia de materiais.
A súa misión consiste en:
- Promover o avance da ciencia na fronteira do coñecemento nos campos da química sintética, a química biolóxica e os materiais funcionais.
- Formar novos científicos, profesionais e futuros líderes.
- Crear progreso socio-económico e transferencia tecnolóxica.
- Contribuir a incrementar o prestixio internacional da USC e de Galicia.

Sitio web: https://www.usc.es/ciqus/gl
Comentarios recentes