
O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) foi creado polo acordo do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela o17 de febreiro de 2010.
Forma parte da rede de centros de investigación cun novo modelo de organización e funcionamiento, que constitúe o elemento fundamental da estratexia de I+D do proxecto CAMPUS VIDA (Campus de Excelencia Internacional, MEC-MICINN, 2009).
A misión do CiMUS consiste en realizar unha investigación básica de calidade contrastada, co obxectivo de acadar avances na prevención, entendemento e tratamento da enfermidade crónica en base ós seguintes parámetros:
- Xeración de coñecemento en base a criterios de excelencia e translación que permitan a súa transferencia a nivel asistencial e/ou industrial.
- Desenvolvemento dunha estrutura que impulse a eficiencia e competitividade dos Grupos.
- Ser un modelo de cambio cultural que potencie a implicación dos profesionais sanitarios en labores de investigación e dos básicos na xeración de coñecemento en base ás demandas empresariais.
- Incrementar a masa crítica de investigadores biomédicos con especial énfase na captación de xoves investigadores.
Sitio web: https://www.usc.es/cimus/gl
Comentarios recentes