XANEIRO 2024 – George Eliot (pseudónimo de Mary Ann Evans, 1819-1880)
Autora da que en moitas ocasións se considera a mellor novela xamais escrita en lingua inglesa: Middlemarch (1872), unha obra descomunal que deslumbrou aos autores da época e autores posteriores, como Virginia Woolf. George Eliot movíase nos círculos intelectuais masculinos da época como unha máis e as súas obras amosan, non só unha inmensa sensibilidade cara cuestións sociais, senón tamén un profundo coñecemento de filosofía, política e economía. Ademais de Middlemarch, é enormemente coñecida O muíño do Floss, onde reflexiona sobre unha cuestión que a ela mesma lle preocupaba: a situación da muller.

Comentarios recentes