DECEMBRO 2024 – Elizabeth Gaskell (1810-1865)

Autora británica que ten unha obra extensa que trata xéneros tan variados como a novela obreira (Mary Barton, Norte e Sur), costumista (Cranford, Fillas e Esposas, A casa do páramo, Confesións do señor Harrison, A curmá Phillis) e, incluso, a biografía (Vida de Charlotte Brontë). Comeza a súa carreira en 1848 con Mary Barton, que supuxo un inmediato éxito. Como esposa dun vicario anglicano, estivo en constante contacto coa miseria obreira de cidades como Mánchester e desenvolveu unha obra narrativa sensible e pioneira en moitos casos.