XUÑO 2024 – Edna O’Brien (1930-)

Unha das voces narrativas máis importantes da literatura irlandesa, O’Brien é unha autora tremendamente comprometida nas súas obras con cuestións sociais, moi crítica coa igrexa católica irlandesa e a súa implantación na sociedade, especialmente rural e especialmente no tocante á muller. A súa triloxía As rapazas de campo (1960) chegou a ser censurada e, incluso, queimada públicamente por un sacerdote, considerada incendiaria polo seu ton escuro que non agochaba as inxustizas e que falaba abertamente e con ton crítico da mentalidade pechada do rural católico irlandés.