
O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) foi creado na Universidade de Santiago de Compostela no 2010.
Forma parte da rede de centros de investigación cun novo modelo de organización e funcionamiento, que constitúe o elemento fundamental da estratexia de I+D do proxecto CAMPUS VIDA (Campus de Excelencia Internacional, MEC-MICINN, 2009).
A misión do CiTIUS é mellorar a sociedade mediante Tecnoloxías intelixentes. Constitúe un centro de investigación de referencia internacional nas Tecnoloxías Intelixentes, con capacidade de realizar unha investigación de gran relevancia científica e impacto socioeconómico e cunha alta capacidade de formación e atracción de talento.
A súa actividade organízase en 10 eidos científicos na área das Tecnoloxías Intelixentes:
- Deseño electrónico de dispositivos intelixentes.
- Computación de altas prestacións.
- Sistemas e contornas intelixentes.
- Tecnoloxías lingüísticas.
- Aprendizaxe e razoamento automáticos.
- Robótica.
- Ciencia e enxeñería de datos e procesos.
- IA fiable.
- Realidade virtual e aumentada.
- Visión por computador.
Sitio web: https://citius.gal/gl/
Comentarios recentes