O pasado mes de abril recibimos a visita de 23 alumnos e alumnas do centro irlandés Coláiste Iascaigh. Acompañáronnos tres docentes e , durante unha semana, puidemos gozar con eles dentro e fóra das aulas.

Esta é a segunda colaboración que levamos a cabo con este centro, pois no curso 2022/23 a nosa compañeira de Tecnoloxía, Yolanda, estivo durante unha semana como experta invitada impartindo contidos relativos á súa materia.

Así, afianzamos relacións de cara a poder realizar máis actividades no futuro, con intercambios no que participe o noso alumnado, con formación do noso profesorado ou con mobilidades de ata un ano na illa para o alumnado interesado.

Todo isto débese a que o IES de Curtis acadou neste curso 2023/24 a Acreditación Erasmus+ no Sector Educación Escolar, o cal nos permitirá financiar estas actividades ao longo dos próximos catro anos como mínimo.