A pasada semana o director do IES de Curtis realizou unha mobilidade de job-shadowing no Coláiste Iascaigh, centro irlandés situado no noroeste da illa, no condado de Sligo.
Nesta mobilidade, Ángel tivo a oportunidade de:
-
- Coñecer o sistema educativo irlandés.
- Entrevistarse persoalmente co director do centro, Mr. Thomas Coggins, na procura de posibles melloras para o IES de Curtis con actuacións que levan a cabo no Coláiste Iascaigh.
- Analizar distintas posibilidades para que o alumnado do IES de Curtis realice mobilidades de longa duración, entre un mes e o curso completo.
- Concretar futuras actividades a realizar entre os dous centros, como intercambios entre o alumnado. De feito, no curso 2025/26 o alumnado de 4º de ESO comezará esta nova andaina.
Ángel tamén tivo tempo para coñecer outros costumes, como o de ir nadar ao mar no tempo de lecer, pero iso xa é outra historia!
Esta actuación está recollida no plan de Internacionalización do IES de Curtis, unha vez que o centro acadou a Acreditación Erasmus+ no sector Educación Escolar. Durante este curso 2024/25 o profesorado levará a cabo varias mobilidades coa finalidade de profundizar na súa formación e de atopar novas oportunidades para o noso alumnado.
Comentarios recentes