Diego Portos vén de recibir o premio extraordinario de FP de Grao Superior correspondente ao curso 2022/23. 

Diego cursou con nós o Grao Medio en Electromecánica de Vehículos Automóbiles para continuar despois co Grao Superior en Automoción, sendo parte da primeira promoción que completou estes estudos no noso centro. 

Toda a comunidade educativa quere parabenizar a Diego, pois soamente un alumno de toda Galicia recibe este premio. Estamos seguros de que terá unha excelente traxectoria profesional, e quen sabe, igual acaba sendo un dos nosos.

Ligazón áo DOG