Informática
No noso centro poden cursarse os seguintes ciclos da familia de Informática e comunicacións:
- Grao Básico en Informática de Oficina
- Grao Medio en Sistemas Microinformáticos e Redes
- Grao Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede
Novas
Despedida do alumnado TICs: Código escuro
O alumnado da materia Tecnoloxías da Información e da Comunicación I, de 1º de Bacharelato, déixavos o seguinte vídeo para despedir o curso!
Aula de emprendemento
O noso alumnado de 2º Grao Medio en Sistemas Microinformáticos e Redes e 1º Ciclo Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede realizou unha visita ás empresas Inforhouse e Invbit. Estas actividades están financiadas polo programa Aula de Emprendemento...
O “Gran Hermano” das aves
Durante o curso 2023-2024 fíxose un proxecto de colaboración entre o IES de Curtis e a granxa familiar ecolóxica Casa Grande de Xanceda, situada en Mesía. Decidimos instalar unha cámara web e facer o seguimento da cría en directo dunha fermosa ave rapaz, o lagarteiro...
Realización das FCT en Potenza (Italia)
No último trimestre do curso 2023/24 oito dos nosos alumnos dos Ciclos Formativos realizaron a Formación en Centros de Traballo na localidade de Potenza (Italia). Dous alumnos cursaban o Ciclo Medio en Electromecánica de Vehículos Automóbiles, tres o Ciclo Medio en...