Igualdade
Desde o equipo de Igualdade do IES de Curtis traballamos para conseguir un centro coeducativo e libre de todo tipo de discriminacións. Como obxectivos principais destacamos:
- Promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes
-
- Presentación dun modelo de orientación académico e profesional que desenvolva no alumnado a capacidade de elixir o seu futuro profesional sen sesgos de xénero.
- Visibilización de modelos masculinos e femininos libres de estereotipos de xénero.
-
- Prevención, detección e intervención en casos de violencia de xénero
-
- Sensibilizar e informar á comunidade educativa contra a violencia de xénero.
- Identificar e rexistrar aquelas condutas contrarias á convivencia relacionadas co xénero.
- Contactar e organizar actuacións comúns coas organizacións que traballan habitualmente esta temática para garantir información actual, profesional, veraz e dotar dunha rede de recursos ao centro e ao alumnado.
- Analizar e reflexionar a escaleira da violencia machista na adolescencia.
- Analizar e reflexionar os indicadores da violencia sexual.
-
- Promoción da educación afectivo-sexual e da diversidade afectivo-sexual
-
- Sensibilizar e informar á comunidade destes dous aspectos relacionados coa educación en emocións.
-
- Prevención, detección e intervención en casos de LGTBIfobia
-
- Sensibilizar e informar á comunidade educativa sobre o dereito a ser diferentes do colectivo LGTBI.
- Establecer actuacións para combater o acoso escolar por razón de orientación sexual ou identidade de xénero.
-
X Premio Concepción Arenal
O IES de Curtis saíu gañador na categoría de Educación Secundaria do X Premio Concepción Arenal a proxectos educativos pola igualdade de xénero. Este premio, organizado pola Deputación da Coruña, acadouse co proxecto "Oes, e ti que oes?", no cal o noso alumnado de...

O Violentómetro
O violentómetro é un material gráfico deseñado por profesionais da saúde que serve para medir os distintos niveis de violencia de xénero: Equipo de Igualdade IES de Curtis