Dinamización da Lingua Galega
O Equipo de Dinamización de Lingua Galega do IES de Curtis é consciente da relevancia que supón ter para un pobo unha lingua e cultura propias.
Os centros educativos, neste camiñar, non están exentos de responsabilidade. A progresiva perda de falantes, os prexuízos e estereotipos aínda vixentes así como a anestesia social en relación aos usos e hábitos lingüísticos son aspectos que debemos solventar desde o noso posto de educadores e, asemade, temos o deber e compromiso de guiar o noso alumnado no amor, respecto, responsabilidade e uso consciente do noso ben máis prezado: a nosa lingua.
De tal forma, o Equipo de Dinamización do IES deseña, propón e impulsa unha serie de actividades que pretenden reverter esta situación. A maiores farase especial fincapé nos pequenos detalles e feitos que non se perciben de forma inmediata e consciente, pero que calan e fan que o idioma vaia penetrando paseniñamente en nós.
As palabras de Manuel María definen con nitidez o compromiso que desde o EDLG poñemos neste proxecto:
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
Manuel María (2001).
Obra poética completa I (1950-1979)

Decembro – Coñecemos o IGFAE
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) é un centro de investigación mixto da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, que foi creado oficialmente o 2 de xullo de 1999. O seu obxectivo principal é coordinar e fomentar a...

Novembro – Coñecemos o CiTIUS
O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) foi creado na Universidade de Santiago de Compostela no 2010. Forma parte da rede de centros de investigación cun novo modelo de organización e funcionamiento, que constitúe o elemento...

Outubro – Coñecemos o CiMUS
O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) foi creado polo acordo do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela o17 de febreiro de 2010. Forma parte da rede de centros de investigación cun novo...

Setembro – Coñecemos o CiQUS
O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) foi creado por acordo do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela o 10 de febreiro de 2010. É o primeiro dunha rede de centros de investigación cun...