Dinamización da Lingua Galega
O Equipo de Dinamización de Lingua Galega do IES de Curtis é consciente da relevancia que supón ter para un pobo unha lingua e cultura propias.
Os centros educativos, neste camiñar, non están exentos de responsabilidade. A progresiva perda de falantes, os prexuízos e estereotipos aínda vixentes así como a anestesia social en relación aos usos e hábitos lingüísticos son aspectos que debemos solventar desde o noso posto de educadores e, asemade, temos o deber e compromiso de guiar o noso alumnado no amor, respecto, responsabilidade e uso consciente do noso ben máis prezado: a nosa lingua.
De tal forma, o Equipo de Dinamización do IES deseña, propón e impulsa unha serie de actividades que pretenden reverter esta situación. A maiores farase especial fincapé nos pequenos detalles e feitos que non se perciben de forma inmediata e consciente, pero que calan e fan que o idioma vaia penetrando paseniñamente en nós.
As palabras de Manuel María definen con nitidez o compromiso que desde o EDLG poñemos neste proxecto:
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
Manuel María (2001).
Obra poética completa I (1950-1979)
GRANDES AUTORAS DA LITERATURA UNIVERSAL
DECEMBRO 2024 - Elizabeth Gaskell (1810-1865) Autora británica que ten unha obra extensa que trata xéneros tan variados como a novela obreira (Mary Barton, Norte e Sur), costumista (Cranford, Fillas e Esposas, A casa do páramo, Confesións do señor Harrison, A curmá...
GRANDES AUTORAS DA LITERATURA UNIVERSAL
NOVEMBRO 2024 - As irmás Brontë (Charlotte, Emily e Anne) Autoras dalgunhas das mellores novelas do século XIX europeo, as irmás Brontë desenvolven a súa vida e obra na casa familiar, a rectoría de Haworth, en Yorkshire (Inglaterra). Comezan a escribir de maneira...
GRANDES AUTORAS DA LITERATURA UNIVERSAL
OUTUBRO 2024 - Jane Austen (1775-1817) Eterna autora das letras inglesas, todavía unha das autoras máis lidas da actualidade. Filla dun rector anglicano, comeza a escribir con só 13 anos, idade na que comeza a esbozar Sentido e Sensibilidade, a súa primeira novela....
GRANDES AUTORAS DA LITERATURA UNIVERSAL
SETEMBRO 2024 - Mary Shelley (1797-1851) Creadora da ciencia ficción literaria cando escribe e publica Frankenstein ou o Moderno Prometeo en 1818, imaxinada por Shelley mentres se atopaba pasando o verán na mansión de campo suíza de Lord Byron en compañía, en outros,...

Xaneiro – Coñecemos o CERN
Na imaxe aparece o maior laboratorio de investigación en Física de partículas a nivel mundial, localizado en Suíza, preto de Xenebra e da frontera con Francia, o CERN. Fundouse en 1954 e as súas siglas prodecen do seu primeiro nome oficial provisional Conseil...