Dinamización da Lingua Galega

O Equipo de Dinamización de Lingua Galega do IES de Curtis é consciente da relevancia que supón ter para un pobo unha lingua e cultura propias.

Os centros educativos, neste camiñar, non están exentos de responsabilidade. A progresiva perda de falantes, os prexuízos e estereotipos aínda vixentes así como a anestesia social en relación aos usos e hábitos lingüísticos son aspectos que debemos solventar desde o noso posto de educadores e, asemade, temos o deber e compromiso de guiar o noso alumnado no amor, respecto, responsabilidade e uso consciente do noso ben máis prezado: a nosa lingua.

De tal forma, o Equipo de Dinamización do IES deseña, propón e impulsa unha serie de actividades que pretenden reverter esta situación. A maiores farase especial fincapé nos pequenos detalles e feitos que non se perciben de forma inmediata e consciente, pero que calan e fan que o idioma vaia penetrando paseniñamente en nós.

As palabras de Manuel María definen con nitidez o compromiso que desde o EDLG poñemos neste proxecto:

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!

Manuel María (2001). 

Obra poética completa I (1950-1979)

GRANDES AUTORAS DA LITERATURA UNIVERSAL

MAIO 2025 - Nancy Mitford (1904-1973) Pertencente á aristocracia inglesa da época, conformou, xunta coas súas irmás, todas elas personaxes tamén coñecidos, unha das personalidades máis famosas da Inglaterra de Entreguerras e da posguerra mundial. A súa obra máis...

GRANDES AUTORAS DA LITERATURA UNIVERSAL

ABRIL 2025 - Rosamond Lehmnn (1901-1990) Autora que bordeou nos inicios o círculo de Bloomsbury e que foi, alomenos, coñecida de Virginia Woolf, desenvolveu unha carreira literaria prolífica na que se preocupou especialmente polos personaxes femininos e as súas...

GRANDES AUTORAS DA LITERATURA UNIVERSAL

MARZO 2025 - Vera Brittain (1893-1970) Autora das memorias Testamento de xuventude (1933), onde narra a súa formación e conversión en enfermeira durante a I Guerra Mundial. O texto convertiuse rápidamente nunha obra fundamental para entender o cambio social e político...

GRANDES AUTORAS DA LITERATURA UNIVERSAL

FEBREIRO 2025 - Winifred Holtby (1898-1935) Autora británica inmensamente comprometida coa cuestión feminina, foi sufraxista e militou en diversos grupos feministas ingleses de principios de século. Publicou, entre outras novelas, A rúa abarrotada (1924), unha obra...

GRANDES AUTORAS DA LITERATURA UNIVERSAL

XANEIRO 2024 - George Eliot (pseudónimo de Mary Ann Evans, 1819-1880) Autora da que en moitas ocasións se considera a mellor novela xamais escrita en lingua inglesa: Middlemarch (1872), unha obra descomunal que deslumbrou aos autores da época e autores posteriores,...