Dinamización da Lingua Galega
O Equipo de Dinamización de Lingua Galega do IES de Curtis é consciente da relevancia que supón ter para un pobo unha lingua e cultura propias.
Os centros educativos, neste camiñar, non están exentos de responsabilidade. A progresiva perda de falantes, os prexuízos e estereotipos aínda vixentes así como a anestesia social en relación aos usos e hábitos lingüísticos son aspectos que debemos solventar desde o noso posto de educadores e, asemade, temos o deber e compromiso de guiar o noso alumnado no amor, respecto, responsabilidade e uso consciente do noso ben máis prezado: a nosa lingua.
De tal forma, o Equipo de Dinamización do IES deseña, propón e impulsa unha serie de actividades que pretenden reverter esta situación. A maiores farase especial fincapé nos pequenos detalles e feitos que non se perciben de forma inmediata e consciente, pero que calan e fan que o idioma vaia penetrando paseniñamente en nós.
As palabras de Manuel María definen con nitidez o compromiso que desde o EDLG poñemos neste proxecto:
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
Manuel María (2001).
Obra poética completa I (1950-1979)
Día das Letras Galegas ’24
En colaboración co profesorado e alumnado do Ciclo de Electromecánica, celebramos a conmemoración das nosas Letras cunha actividade consistente na rotulación dun vehículo con textos relativos á nosa lingua e, en concreto, a Luisa Villalta, a homenaxeada neste 2024....
Traballamos o audiovisual!
Amosamos aquí un vídeo da actividade audiovisual que realiza o noso alumnado da materia de Educación Plástica. Como podedes apreciar a aprendizaxe non está reñido có humor.
FOTOCOMENTARIO: Fotografías do noso faiado
Un ano máis, e co desexo de fomentar a preservación da memoria fotográfica dos concellos da Bisbarra e potenciar a interacción e o diálogo entre alumnado e familias, celebramos a actividade denominada "Busca no teu unha fotografía antiga" que contou coa participación...
HISTORIA DA ESCRITURA
o mes de novembro, no curso 23-24, realizamos unha magnífica exposición relativa á Historia da Escritura. Desde os seus comezos en Mesopotamia con taboíñas de arxila, pasando polos papiros exipcios ata a invención da imprenta. O alumnado descubríu así os antigos...
GRANDES AUTORAS DA LITERATURA UNIVERSAL
XUÑO 2024 - Edna O'Brien (1930-) Unha das voces narrativas máis importantes da literatura irlandesa, O’Brien é unha autora tremendamente comprometida nas súas obras con cuestións sociais, moi crítica coa igrexa católica irlandesa e a súa implantación na sociedade,...