MAIO 2025 – Nancy Mitford (1904-1973)
Pertencente á aristocracia inglesa da época, conformou, xunta coas súas irmás, todas elas personaxes tamén coñecidos, unha das personalidades máis famosas da Inglaterra de Entreguerras e da posguerra mundial. A súa obra máis célebre é Á caza do amor (1945), onde satiriza á súa propia familia. Autora mordaz, tivo que convivir cunha irmá de ideoloxía fascista (casada co líder do fascismo inglés, Oswald Mosley) e con outra de ideoloxía comunista (Jessica Mitford, quen chegou a viaxar a España para loitar coa República na Guerra Civil). A súa obra é cómica, satírica, tremendamente intelixente, sarcástica e irónica e segue sendo unha das escritoras máis lidas en Inglaterra na actualidade.

Comentarios recentes