FEBREIRO 2025 – Winifred Holtby (1898-1935)

Autora británica inmensamente comprometida coa cuestión feminina, foi sufraxista e militou en diversos grupos feministas ingleses de principios de século. Publicou, entre outras novelas, A rúa abarrotada (1924), unha obra militante de contido feminista, pero é Distrito do Sur. Unha paisaxe inglesa (1936) a súa obra cume, aínda que póstuma, á que adicou os últimos tempos da súa vida, xa enferma, e que consideraba o seu gran legado literario. A súa monumentalidade e calidade teñen comparado esta última novela con Middlemarch de George Eliot.