O IES de Curtis saíu gañador na categoría de Educación Secundaria do X Premio Concepción Arenal a proxectos educativos pola igualdade de xénero. Este premio, organizado pola Deputación da Coruña, acadouse co proxecto “Oes, e ti que oes?”, no cal o noso alumnado de Formación Profesional Básica analizou o contido das letras das cancións que escoita a miúdo desde a perspectiva de xénero.
Este alumnado deseñou enquisas para facer unha análise da situación sobre este tema no noso centro.