NOVEMBRO 2024 – As irmás Brontë (Charlotte, Emily e Anne)
Autoras dalgunhas das mellores novelas do século XIX europeo, as irmás Brontë desenvolven a súa vida e obra na casa familiar, a rectoría de Haworth, en Yorkshire (Inglaterra). Comezan a escribir de maneira profesional para poder ter un sustento que lles permitira deixar os seus respectivos traballos como institutrices, que detestaban, e producen no mesmo ano, 1847, O Profesor (Charlotte), A inquilina de Wildfell Hall (Anne) e a imprescindible, e unha das mellores obras de toda a literatura universal: Cumbres Borrascosas (Emily). O Profesor non é aceptada para publicación, pero, un ano despois, Charlotte escribirá Jane Eyre, que se convertirá, ao nivel das novelas de Austen, nunha das obras máis lidas aínda na actualidade.

Comentarios recentes