OUTUBRO 2024 – Jane Austen (1775-1817)

Eterna autora das letras inglesas, todavía unha das autoras máis lidas da actualidade. Filla dun rector anglicano, comeza a escribir con só 13 anos, idade na que comeza a esbozar Sentido e Sensibilidade, a súa primeira novela. Non obstante, será Orgullo e Prexuízo (1813) a súa obra de maior éxito e a historia de amor entre Elizabeth Bennett e Mr. Darcy ten sido ampliamente adaptada a cine, radio, televisión e banda deseñada. Dela son tamén Mansfield Park (1814), A abadía de Northanger (1817), Emma (1815) e, de maneira póstuma, Persuasión (1818).