SETEMBRO 2024 – Mary Shelley (1797-1851)
Creadora da ciencia ficción literaria cando escribe e publica Frankenstein ou o Moderno Prometeo en 1818, imaxinada por Shelley mentres se atopaba pasando o verán na mansión de campo suíza de Lord Byron en compañía, en outros, do seu marido, o tamén célebre poeta Percy B. Shelley.
Autora brillante, publicou tamén Matilda ou O último home, pero viviu gran parte da súa vida adulta atormentada pola depresión a raíz das mortes do seu esposo e dos seus fillos pequenos.
Era filla de Mary Wollstonecraft, pioneira da primeira onda feminista do século XVIII.

Comentarios recentes