Decembro – Coñecemos o IGFAE

Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) é un centro de investigación mixto da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, que foi creado oficialmente o 2 de xullo de 1999.

O seu obxectivo principal é coordinar e fomentar a investigación científica e técnica no campo da Física de Alta Enerxía, Física de Partículas e Nuclear e áreas relacionadas como Astrofísica, Física Médica, Instrumentación, etc.

É tamén de particular relevancia a súa participación na planificación e promoción da relación con grandes instalacións experimentais, especialmente as que teñen actualmente co CERN, GSI/FAIR, o Observatorio Pierre Auger e LIGO.

Sitio web: https://igfae.usc.es/igfae/gl/