Setembro – Coñecemos o CiQUS

Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) foi creado por acordo do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela o 10 de febreiro de 2010.

É o primeiro dunha rede de centros de investigación cun novo modelo de organización e funcionamento, que constitúe o elemento fundamental da estratexia de I+D do proxecto CAMPUS VIDA (Campus de Excelencia Internacional, MEC-MICINN, 2009).

É un centro de excelencia de referencia internacional en investigación química interdisciplinar na fronteira coa bioloxía e a ciencia de materiais.

A súa misión consiste en:

  • Promover o avance da ciencia na fronteira do coñecemento nos campos da química sintética, a química biolóxica e os materiais funcionais.
  • Formar novos científicos, profesionais e futuros líderes.
  • Crear progreso socio-económico e transferencia tecnolóxica.
  • Contribuir a incrementar o prestixio internacional da USC e de Galicia.

Sitio web: https://www.usc.es/ciqus/gl